viernes, 21 de julio de 2017

Aqui están os carteis dos inminentes DESORDES CREATIVAS e SONORAS! Arte e Música na rúa!! 
Con muralismo, instalacións, concertos, master classes, seminarios, roteiros e exhibicións! 

Cos artistas EricailcaneSpY-urbanXoana Almar, BastardillaSaturnoart, Carlos Goma, Javier Abarca,  Miguel Ruiz aka Sekone,  Miguel Peralta aka Nömada na parte artística e as bandas Los BengalaIGMIG, Xenderal, Santiuve & Da Zoo Bros e Bigote Mix na parte musical! 

Do 7 ao 13 de Agosto, Ordes ( A Coruña ). Pronto o desglose de toda a programación!!



lunes, 17 de julio de 2017

DesOrdes Creativas 2017 e Video Resumo da edición 2016.


O vindeiro DesOrdes Creativas está ao chegar! Será do 7 ao 13 de agosto de 2017
E este ano cúmprense xa 10 anos de festival. 
Moi pronto anunciaremos toda a programación desta 10ª edición, na que contaremos coa realización de varios murais, master classes, conferencias, sesión vermú, concertos, roteiro... Estade atentos! 
Aquí podedes ver o video resumo da pasada edición 2016, obra do artista audiovisual A.L.Crego ( http://alcrego.tumblr.com )




jueves, 22 de septiembre de 2016

DESORDES CREATIVAS 2016


Ola DesOrdead@s!! Aquí temos o novo cartaz da 9ª Edición do DesOrdes Creativas! Como cada ano, durante unha semana varios artistas chegados dende distintos lugares estarán inundando de cor a vila! Demasiado gris e tan necesitada dunha nova man de pintura e creatividade independente.
As datas serán do luns 26 de Setembro ao domingo 2 de Outubro.

ARTISTAS CONVIDADOS:
YOSEBA MP (Galiza)
ALEGRÍA DEL PRADO ( México / España )
BORONDO ( España )
BOSOLETTI ( Arxentina )
A.L.CREGO (Galiza)
NÖ3L (Galiza)

Ademáis este ano completamos a programación con máis ACTIVIDADES PARALELAS:

1ª FEIRA DA CREATIVIDADE: (1-2 Outubro)
Durante o sábado 1 e o domingo 2 terá lugar a I Feira da Creatividade no Parque Municipal, onde se exporá e compartirá as distintas disciplinas artísticas e creativas que se están a desenrolar na comarca e o público poderá coñecer de primeira man os diversos traballos e creacións que se están a xerar no eidos da Arquitectura, Artes plásticas, Deseño, Literatura, Música, Nova artesanía, Tecnoloxía. 

OBRADOIROS (29 Set / 30 Set e 1 Out)
Durante as xornadas do xoves 29, venres 30 e sábado 1 terá lugar o obradoiro participativo titulado "Introducción á pintura e adaptación ao mobiliario urbano" impartido polo artista urbano e ilustrador NÖ3L, no que se achegará aos alumnos participantes as distintas técnicas de pintura mural adaptada ao formato concreto de contenedores de vidro: utilización do aerosol, composición e tradución do papel ao soporte a útilizar, uso das cores pigmentos,etc..
A matrícula pra participar nesta actividade é totalmente gratuíta e o prazo de inscrición está aberto ata o martes 27 de setembro. O número de prazas é limitado e a actividade está enfocada a persoas con algunha formación artística no eido da creatividade.
Pra solicitar a matrícula os interesados deben mandar un email a esta dirección cubrindo os seguintes datos:
Inscripción Gratuíta: info@mutantecreativo.com
INDICANDO OS SEGUINTES DATOS:
- OBRADOIRO: "Introducción á pintura e adaptación ao mobiliario urbano"
- NOME E APELIDOS
- IDADE
- TELÉFONO e EMAIL
- FORMACIÓN ( Experiencia profesional, estudos relacionados, cursos, etc)
- PORTFOLIO ADXUNTO OU LINK AO TEU PORTFOLIO/WEB/BLOG ou similar
* Unha vez recibidas as solicitudes de inscrición (por cuestión de limite de prazas) a organización do festival seleccionará os perfiles máis adecuados para a actividade e comunicaráremosvos a súa validación por email a cada un deles.

CONCERTOS (Sábado 1 outubro)
E como non todo é currar..!! Tamén teremos unha noite de DÍA DE FESTA o sábado 1 de Outubro dentro da Feira da Creatividade no propio parque municipal, con sesión vermú, música en directo e dj´s.
Os vindeiros días iremos debullando máis polo miúdo os detalles do festival.
SAÚDE E COR INFINITA!