viernes, 15 de enero de 2016

DOA no DESORDES 2015

V. Galego:

Artista: DOA
Título: Quercus Robur
Stiuación: Penelas, camiño do paseo fluvial.

Doa, como boa representante da frondosa Galicia interior, pasou polo DesOrdes 2015 deixando a súa particular pegada na zona de Penelas, no camiño que une a vila co paseo fluvial do río Mercurín, a.k.a. río Cabrón pra algúns de nós.

Formando parte da súa serie de traballos que orbitan baixo o concepto e título da Reforestación, deixounos esta obra de importantes dimensións que acada unha simbiose perfecta co entorno, disminuíndo na medida do posible o impacto do cemento e o ladrillo nun entorno natural como éste.

Despois de loitar contra as inclemencias do noso amado e odiado clima (diluvio universal forever), da precariedade dos medios cos que puidemos contar debido aos recortes locais en cultura e do entorno gastronómico ultracarnívoro, Doa conseguíu rematar con creces o seu mural e agasallarnos cun chisco máis de osíxeno pra os nosos corpos e mentes neste entorno gris que nos afoga.

Gracias Doa! Oa Oa Oa!

Máis traballos en:
https://doaoa.wordpress.com/

Fotos por:
A.L. Crego & Mutante Creativo

.................................................

V. English:

Artist: Doa
Title: Quercus Robur
Place: Penelas, Riverwalk path.

Doa, as a good representative of the leafy inner Galicia, passed through DesOrdes 2015
leaving her particular mark in the area of Penelas, in the way which connects the village with
the Mercurín riverwalk, a.k.a. “Bastard River” for some of us.

As part of her series of works that orbit under the concept and title of
“Reforestations”, she gave us this piece of important dimensions that achieve a perfect
symbiosis with the environment, decreasing, as far as possible, the visual impact of the
concrete and bricks in a natural emplacement like this.

After a hard fight against the inclement of our (loved and hated) climate (Universal Flood
Forever), and scant means we had, due to the local pay cuts in culture and in the ultracarnivore
gastronomy spheres, Doa easily finished her mural on time and gave us a little bit more oxygen for our
bodies and minds in this grey place that is choking us.

Thank you Doa! Oa Oa Oa!


Pictures by:
A.L. Crego & Mutante Creativo












 


 









No hay comentarios:

Publicar un comentario